dia das letras galegas
DEDICADAO A
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
BIOGRAFIA
Empregado de banca, en 1974 fundou xunto a Laura Ponte Santasmarinas, actriz galega nada en Bos Aires, o Grupo de Teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo, isto último co pseudónimo de Julia Brens.
Laura Ponte Santasmarinas, primeira muller de Vidal Bolaño e cofundadora do Grupo de Teatro Antroido.

Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao taboado co Centro Dramático Galego en 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático Galego, a obra Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribiu en 1958.

Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia e a Televisión Española, con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos varios. Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo).

Participou como actor en películas como Sempre Xonxa (mestre) ou A lingua das bolboretas, e series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias.

En 1991 creou a compañía Teatro do aquí, que dirixiu ata o seu pasamento.
Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.
OBRAS


A obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Tal vez influído por Ramón Otero Pedrayo, defende unha certa recuperación do popular. Cultivou igualmente, como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen verdadeiros ensaios sobre a vida e obra da poeta galega máis universal. Porén, unha das súas maiores influencias foi o teatro de Ramón María del Valle-Inclán, a quen menciona varias veces ao longo da súa obra.

As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismo. Nas súas pezas cóidase o diálogo co público.
OBRAS TEATRALES

Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro)
Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco)
Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego)
Cochos (1992, Sotelo Blanco)
Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña)
Saxo tenor (1993, Xerais)
Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1996)
Doentes (1998, Deputación da Coruña, levada ao cinema en 2011 co título homónimo de Doentes).
A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados (1998, Xerais)
Rastros (1998, Positivas)

LAUDEMUCO
AGASALLO DE SOMBRAS
CELEBRACION
HISTORIA



O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas".

Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.

Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".

Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.



Máis de 40 anos despois, celebrados días e dias das letras galegas, normalizada ou en camiño de normalizarse a situación cultural do noso Pais, é bo momento para facer un "suma e segue", un reconto dos persoeiros (dos "SEÑORES DA PALABRA") ós que ata agora se dedicou o Dia das Letras Galegas. Reconto breve de biografías e minimos anacos da obra, para deixar constancia da honra que merecen estes galegos sobranceiros.

Comezamos con palabras de Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), que lembra aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente.

E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.
O LIBRO DE CANTARES GALEGOS
Cantares Gallegos é unha obra poética de Rosalía de Castro publicada no ano 1863.

Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado.

No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares ("Miña casiña"; "Vivir para ver";..) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...).

Tódolos críticos consideran que Cantares Gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo.
HOMENAXEADOS


Roberto Vidal Bolaño 2013
Valentín Paz Andrade 2012
Lois Pereiro 2011
Uxío Novoneyra 2010
Ramón Piñeiro López 2009
Xosé María Álvarez Blázquez 2008
María Mariño 2007
Manuel Lugrís 2006
Xesús Lorenzo Varela Vázquez 2005
Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas" 2004
Antón Avilés Taramancos 2003
Frei Martín Sarmiento 2002
Eladio Rodríguez González 2001
Manuel Murguía 2000
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002
2001
2000
MUSICA
BISBAL
3915 views
0 comments